Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Percival e outras historias

Percival e outras historias

X. L. Méndez Ferrín

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 104 páginas Año 2013
20,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.»

E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementos aproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo a realidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen de saber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de seres humanos extremadamente crueis.

Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, a converterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
104
Año
2013
Idioma
Gallego
ISBN
9788499145419
¿Alguna duda? Contáctanos