Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A morte de Valle-Inclán. O último esperpento

A morte de Valle-Inclán. O último esperpento

Carlos G. Reigosa; Javier del Valle-Inclán; José Monleón

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 160 páginas Año 2016
20,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936.

Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Compostela acabaría por converterse nun dos seus propios esperpentos. O derradeiro. O que aquí se desvela.

Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente.

O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal.

A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Biografía
Formato
Tapa blanda
Páginas
160
Año
2016
Idioma
Gallego
ISBN
9788499149639
¿Alguna duda? Contáctanos