Alma ten un superpoder
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Alma ten unha forma única de ver o mundo. Ás veces, as persoas da súa contorna non a comprenden; o que non saben é que, tras ese ollar, agóchase un gran superpoder.
Acompañar a Alma nesta aventura permitirache afondar no universo dunha nena cunha dobre excepcionalidade: altas capacidades e trastorno do espectro autista. Canda ela, descubrirás a maxia que hai no seu día a día, comprendendo cales son as fortalezas que a fan tan especial.
Detalles del libro
- Editorial
- BABIDI-BÚ
- Colección
- Titanes 0
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 36
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9791388231926
Sobre María Miranda Noya
Dende pequena, María (Vigo, 1994) atopou nos libros un refuxio e unha forma de voar. Amante da lectura e da escritura, hoxe é mestra de educación primaria e escribe inspirada pola infancia e a súa verdade, a súa maxia e a súa forma única de habitar a realidade.
A través dos seus contos, desexa tender pontes cara a comprensión, a inclusión e o recoñecemento das fortalezas que habitan en cada neno e en cada nena, apostando por un mundo no que cada diferenza se converta en posibilidade.
¿Qué libro buscas?
