CUNETAS [2ª Edición]
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
distribuciones.es/imagenes/9791388/979138829303. GIF A localización, no verán de 2026, dos manuscritos orixinais da serie de poemas «Cunetas» de Luís Pimentel, escritos en 1947, posibilitou esta segunda edición, que agora presentamos, publicada seis meses despois da primeira. Nela, puidemos restaurar fielmente os desgarradores versos do poeta lugués a partir das súas copias orixinais.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer ?que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado destes versos?, e Xurxo Martínez González, que asina o Epílogo. Esta edición publícase en galego mantendo a versión orixinal en castelán para a serie de poemas de Cunetas.
Detalles del libro
- Editorial
- ALVARELLOS EDITORA
- Colección
- LIBROS DO SARELA
- Formato
- Espiral
- Páginas
- 88
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9791388293030
Sobre Pimentel,Luís
Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) foi un poeta extraordinario. O seu verso é urbano, vangardista, sobrio, sensible coa xente desamparada e vulnerable, devoto de Rosalía de Castro... Unha poesía que recibiu a influencia do modernismo hispánico, o simbolismo francés ou o grupo español do 27, tal e como nos explica, nas páxinas introdutorias, Claudio Rodríguez Fer.
En vida só publicou un pequeno volume, Triscos (1950); postumamente aparecerían Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960), con prólogo de Dámaso Alonso. Exerceu a Medicina sen moita vocación, presente sempre nel a súa alta sensibilidade, e dos seus días no Hospital Provincial de Lugo xorde a excepcional serie poética «Diario de un médico de guardia».
A súa obra dispersa e inédita sería reunida en 1981 por Araceli Herrero Figueroa. Nela aparecerá, por vez primeira, a serie titulada «Cunetas».
¿Qué libro buscas?
